歌词
Quero que veñas comigo a coller unha flor,
que cantes aquelas cancións que o avó che ensinou,
e lembrarei que ao teu carón non teño medo,
que podo perderme nos bosques, na neve e no mar,
fundir o meu corpo co musgo e regatos do val,
e así sorrir un pouco máis.
Sei que non podo arranxar as estrelas no ceo,
que non é doado co lume falar e xogar,
mais seguirei, pois no seu lar non teño medo.
Xuntas batemos as ás, erguemos o voo,
sinto a túa pel, escoito o teu corazón,
e ímolo honrar no meu fogar.
专辑信息
1.Xuntas