歌词
Aldeiña de Toutom-e
De longue pareces vila
Tés un craviño na entrada
E unha rosa na saída
♪
Anda roda e anda roda
Anda roda de arredore
Canto máis a roda anda
Máis lle quero ao meu amor-e
♪
Como baila, como baila
O da chaquetiña longa
Inda bailaba millore
Se a tivera redonda
♪
Esta festa non vai boa
Bailadores do torreiro
Esta festa non vai boa
Ide chamar o gaiteiro
♪
Viva quen canta comigo
Viva quen comigo canta
Viva quen canta comigo
E máis a miña garganta
♪
E este cantar non me gusta
E este cantar non me agrada
E este cantar non me gusta
Gústame quen o cantaba
♪
Todos os que cantan bene
Cantan unha vez ao ano
Eu como canto tan mal-e
Paso a vida cantando
♪
Sabe Deus de hoxe a un ano
Sabe Deus de hoxe a un ano
Sabe Deus de hoxe a un día
Sabe Deus de hoxe a un ano
Sabe Deus de hoxe a un ano
Quen terá máis alegría
♪
Agora que nos xuntamos
Agora que nos xuntamos
Os de abaixo e os de arriba
Agora que nos xuntamos
Agora que nos xuntamos
Viva a nosa compañía