歌词
Moi ben canta, moi ben canta
Esta miña gharghantiña.
Inda cantaba millore
Se bebera unha fechiña.
Inda cantaba millore
Se bebera unha fechiña.
Dame unha fecha de viño
Para mollar a gharghanta.
Cantarei coma unha rula,
Verás como a rula canta.
Cantarei coma unha rula,
Verás como a rula canta.
E túa nai, e túa nai ten a sona
De borracha, larpeira e ghorxona.
E teu pai, e teu pai tamén tenhe
De borracho e larpeiro tamenhe.
María ___
Pola mañán cando serre
Láva-la cara comigo,
Augha fría ten a neve.
Láva-la cara comigo,
Augha fría ten a neve.
Non me ghusta o viño tinto
Nin a caña do Ribeiro.
Non me ghusta estar casado
Nin tampouco estar solteiro.
Non me ghusta estar casado
Nin tampouco estar solteiro.
E túa nai, e túa nai ten a sona
De borracha, larpeira e ghorxona.
E teu pai, e teu pai tamén tenhe
De borracho e larpeiro tamenhe.
...
Dáme viño, dáme viño.
Que xa me vou para o mare.
Dáme viño, dáme viño,
Que aghua teño a fartare.
Dáme viño, dáme viño,
Que aghua teño a fartare.
E túa nai, e túa nai ten a sona
De borracha, larpeira e ghorxona.
E teu pai, e teu pai tamén tenhe
De borracho e larpeiro tamenhe.
E teu pai, e teu pai tamén tenhe
De borracho e larpeiro tamenhe.