歌曲 / 歌词

Pola Rua de San Pedro

Listen on Apple Music

歌词

Cantora que ves cantando esta doce melodía,
Canta que estou agardando, canta que estou agardando
A que chegue o novo día.
Cantora que ves cantando cántame a túa canción
Porque aínda levo gravado, porque aínda levo gravado
Espiño no corazón.
O teu canto ha de ser leve pra que non faga ferida,
O querer ha de ser fondo, o querer ha de ser fondo
Pra que dure toda a vida...
O merlo tamén cantaba pra fuxir da soedade,
A soedade xuraba, a soedade xuraba
Que ela non facía male.
Pra chegar a Compostela guiábame pola lúa.
Pola rúa de San Pedro, Pola rúa de San Pedro meteuse na casa túa.
Aquí vai a despedida, aquí vai a derradeira,
Se tes o corazón roto, se tes o corazón roto
Non haberá quen o queira...